Ir ao contido da p�xina

Solicitude de defensa da tese de doutoramento

Solicitude de defensa da tese de doutoramento

Identificación

Código: PXA-11/02

Nome: Solicitude de defensa da tese de doutoramento.

Clasificación: Xestión académica, Doutoramento, Solicitude de defensa da tese.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Presentación da tese de doutoramento para a súa admisión a trámite

Finalidade

Este formulario permite a un doutorando ou doutoranda da USC, unha vez rematado o seu traballo de investigación doutoral, solicitar a defensa da súa tese de doutoramento.

Descrición

O doutorando ou doutoranda enche os campos do formulario, indica de ser o caso a modalidade ou modalidade da tese á/ás que opta, e sube a documentación xustificativa. É necesario que antes da realización desta solicitude o doutorando ou doutoranda teña preparada a documentación precisa para a tramitación desta solicitude.

Información do procedemento:

https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/deposito-tese

A documentación que debe subir atópase en:

https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/guias-impresos

Unha vez asinada e presentada a solicitude, o persoal da EDIUS tramitará esta segundo o procedemento indicado no Regulamento de Estudos de Doutoramento.

 

Documentación asociada ó procedemento