Saltar ao contido principal
Inicio » Sede electrónica » Servizos xerais » Catálogo de procedementos

Outras peticións

Solicitudes na área de Xestión Académica non relacionadas cos procedementos xa existentes

Identificación

Código: PXA-10/1

Nome: Outras peticións.

Clasificación: Xestión académica, Peticións especiais, Outras peticións.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

FINALIDADE

Este procedemento serve para que calquera persoa interesada poda facer unha solicitude relacionada coa área de Xestión Académica que non estea recollida en ningún dos anteriores procedementos.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante unha solicitude do interesado, presentada en calquera momento, seguindo os pasos que se describen a continuación:

1.- Premer no enlace asociado a este procedemento ou ir á sección “Servizos persoais” dentro da Sede Electrónica, no apartado ”Rexistro electrónico”.

2.Premer en “Presentar unha solicitude xeral no Rexistro electrónico”, cubrir todos os campos obrigatorios da solicitude, e engadir arquivos no suposto de que queira achegar documentación.

3. Realizar o rexistro electrónico da solicitude.

Os Servizos Administrativos estudarán a solicitude, así como a documentación presentada, e proporán a resolución do procedemento, que será notificada ao interesado.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento