Saltar ao contido principal
Inicio » Sede electrónica » Servizos xerais » Catálogo de procedementos

Reclamacións contra o censo electoral

Presentación de reclamacións contra o contido do censo electoral provisorio

Identificación

Código: PEL-01

Nome: Reclamacións contra o censo electoral.

Clasificación: Procedementos electorais, Elecccións, Recursos e reclamacións.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento serve para dar cumprimento ao establecido no artigo 24 do regulamento electoral no sentido de que, unha vez publicadas as listas do censo, os titulares do dereito de sufraxio poderán presentar reclamacións sobre os datos ante a Secretaría Xeral.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o interesado a través do formulario correspondente, debendo seguir os pasos que se relatan a continuación:

1.- Descargar e encher o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento

2.- Gardar o documento no propio computador

3.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de cubrir os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente

A Secretaría Xeral resolverá as reclamacións e realizará as rectificacións que procedan nos dous días seguintes a que remate o prazo de reclamacións.

Contra a resolución da Secretaría Xeral caberá recurso no prazo de tres días ante a Comisión Electoral Central, que os resolverá nos tres días seguintes de rematado o dito prazo. O recurso tamén poderá presentarse no Rexistro Electrónico asinado dixitalmente pola persoa interesada.

O prazo para a presentación de reclamacións será o establecido na correspondente convocatoria de eleccións que pode consultar en:  http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/eleccions2015.html

As reclamacións presentadas por Sede Electrónica deberán estar asinadas electronicamente con certificado dixital.

 

Documentación asociada ó procedemento