Saltar ao contido principal
Inicio » Sede electrónica » Servizos xerais » Catálogo de procedementos

Presentación de candidaturas en procesos electorais

Presentación de candidaturas en procesos electorais

Identificación

Código: PEL-03

Nome: Presentación de candidaturas en procesos electorais.

Clasificación: Procedementos electorais, Elecccións, Presentación de candidaturas.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento serve para dar cumprimento ao establecido no artigo 25 do Regulamento Electoral, de poder presentar candidaturas ao proceso electoral sempre que os solicitantes teñan a condición de elixibles.

O escrito de presentación de cada candidatura ten carácter persoal.

Nas eleccións de representantes en órganos colexiados, os candidatos poderán agruparse para os únicos efectos de realizar a campaña electoral e de nomear interventores. Para estes efectos, no caso de que a agrupación non figure inscrita no Rexistro de asociacións da USC deberá presentarse un escrito de solicitude para concorrer como agrupación electoral no que indique o nome dos candidatos que a forman, a denominación ou sigla que identifique á agrupación, e o representante da agrupación.

A presentación do formulario para concorrer como agrupación electoral non exime da presentación da solicitude de candidatura individual.

O prazo para a presentación de candidaturas será o establecido nas correspondentes convocatorias de eleccións que poden ser consultadas no seguinte enlace:

http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/eleccions2015.html

 

As candidaturas presentadas non poderán ser obxecto de modificación unha vez rematado o prazo de presentación das mesmas, agás por renuncia do candidato.

 

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o interesado a través do formulario correspondente, debendo seguir os pasos que se relatan a continuación:

1.- Descargar e encher o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento.

2.- No caso de solicitar concorrer como agrupación e non estar inscrito no Rexistro de Asociacións, descargar e cubrir o formulario de solicitude.

2.- Gardar os formularios no propio computador.

3.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de cubrir os datos que se solicitan, xuntar á solicitude os documentos gardados previamente.

As normas que rexerán as proclamacións de candidatos e os posibles recursos e reclamacións que podan presentarse contra as mesmas serán as establecidas nas correspondentes convocatorias de eleccións a representantes dos correspondentes órganos colexiados.

A presentación de candidaturas e de agrupación electoral por Sede Electrónica require sinatura electrónica con certificado dixital.

Documentación asociada ó procedemento