Outras peticións
Solicitudes na área de Xestión Académica non relacionadas cos procedementos xa existentes
Identificación
Código: PXA-10/3
Nome: Outras peticións.
Clasificación: Xestión académica, Peticións especiais, Outras peticións.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario solicitude
FINALIDADE
Este procedemento serve para que calquera persoa interesada poda facer unha solicitude relacionada coa área de Xestión Académica que non estea recollida en ningún dos anteriores procedementos.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase mediante solicitude do alumnado a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.
Os Servizos Administrativos estudarán a solicitude, así como a documentación presentada, e proporán a resolución do procedemento, que será notificada ao interesado.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.