Saltar ao contido principal
Inicio » Sede electrónica » Información da sede » Canles de acceso aos servizos

Canles de acceso aos servizos

Consonte coas Leis 40/2015 e 39/2015, a USC habilita diferentes canles ou medios para prestación dos seus servizos:

Acceso electrónico

A través de Internet, segundo os principios de accesibilidade e usabilidade, establecidos na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nos termos ditados pola normativa vixente nesta materia en cada momento. https://sede.usc.es

Atención presencial

A través dos servizos, sen prexuízo do acceso a través das oficinas de asistencia en materia de rexistros contemplado no artigo 16.4.d. da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nas oficinas de atención presencial que se determinen, poderán poñerse a disposición da cidadanía os medios e instrumentos para exercer os dereitos de acceso electrónico aos procedementos establecidos. En particular poderase acceder a estes servizos sen identificación electrónica e previo apoderamento, nas Oficinas de Rexistro Xeral da USC, mediante persoal funcionario habilitado.