Ir ao contido da p�xina

Matrícula en programas de intercambio

Solicitudes de matrícula en programas de intercambio

Identificación

Código: PXA-03/13

Nome: Matrícula en programas de intercambio.

Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Matrículas especiais.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido a alumnos doutras universidades, tanto nacionais como estranxeiras, que desexen formalizar matrícula nun programa de intercambio, de conformidade co establecido nos respectivos convenios e normas da USC.

DESCRICIÓN

No caso de estudantes da USC que accedan a outras universidades en réxime de intercambio, deberán formalizar necesariamente a súa matrícula a través da Secretaría Virtual dentro dos prazos ordinarios de matrícula.

No suposto de estudantes que acceden á USC en réxime de intercambio, deberán presentar unha solicitude a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

 

A Unidade de Xestión Académica verificará que a solicitude se axusta á normativa, notificando ao alumno o xustificante da súa matrícula ou requirindo a documentación necesaria para levala a cabo.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento