Anulación de matrícula
Solicitudes de anulación de matrícula en títulos oficiais e propios
Identificación
Código: PXA-03/14
Nome: Anulación de matrícula.
Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Modificacións e anulacións.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario solicitude
FINALIDADE
Serve para que os alumnos matriculados nun curso da USC desistan de forma total á matrícula, o que se poderá facer no prazo establecido na correspondente convocatoria anual de matrícula. Non é posible anular a matrícula se o alumno xa concorreu a algunha convocatoria de exames, ordinaria ou extraordinaria.
DESCRICIÓN
Para acceder a este procedemento, é preciso ter credenciais da USC. Máis información sobre como obter as credencias, premendo aquí.
O procedemento iníciase mediante solicitude do alumnado a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.
Os servizos administrativos da universidade verifican que a anulación solicitada se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno. A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.