Ir ao contido da páxina

Devolución de taxas e prezos públicos

Devolución de taxas e prezos públicos

Identificación

Código: PXA-03/15

Nome: Devolución de taxas e prezos públicos.

Clasificación: Xestión académica, Prezos públicos, Devolucións.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Este procedemento serve para que o alumnado poida presentar solicitudes relacionadas co pagamento das taxas e prezos públicos establecidos, tales como aplicación de exencións, subvencións, devolucións ou calquera incidencia relacionada.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude do alumnado a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que o solicitado se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento