Ir ao contido da p�xina

Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal funcionario interino de administración e servizos (PAS)

Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal funcionario interino de administración e servizos (PAS)

Identificación

Código: PSP-01/1

Nome: Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal funcionario interino de administración e servizos (PAS).

Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de selección, Listas de agarda.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: ListaxesAgarda

FINALIDADE

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas en formar parte dunha listaxe de espera de persoal funcionario interino de administración e servizos da USC poidan solicitar a súa participación no proceso selectivo.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.

Todos os requerimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón convocatoria onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.

As emendas deben realizarse a través da seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaListaxesAgarda.htm

O procedemento remata coa proposta de listaxe de espera que faga o tribunal con aquelas/es aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento