Ir ao contido da páxina

Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero

Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero

Identificación

Código: PX-99/1

Nome: Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero .

Clasificación: Loita contra a discriminación e o acoso, Difusión, Campañas.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero

 

Finalidade

Este procedemento deséñase para que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, matriculado no curso correspondente, poida participar no Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero.

Descrición

O procedemento iníciase coa presentación do formulario de participación na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón onde se indican os requisitos e o prazo de presentación e os lugares onde pode seguir o procedemento.

O procedemento remata coa resolución de concesión dos premios de conformidade coa proposta do xurado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei

Documentación asociada ó procedemento