Ir ao contido da páxina

Solicitude de inscrición de acceso a grao para maiores de 40 anos

Solicitude de inscrición de acceso a grao para maiores de 40 anos

Identificación

Código: PXA-02/9

Nome: Solicitude de inscrición de acceso a grao para maiores de 40 anos.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para que as persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral, poidan solicitar a inscrición para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada á persoa interesada.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento