Conxunto de identidade do servizo

Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros

Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros

Identificación

Código: PXA-02/10

Nome: Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para que o alumnado procedente de universidades estranxeiras solicite continuar os mesmos estudos de grao na Universidade de Santiago de Compostela.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Para completar a solicitude deberá efectuar o pagamento establecido.

Documentación que é necesario aportar:

1.    DNI, NIE ou pasaporte.

2.    Certificación académica dos estudos universitarios realizados, na que se inclúea o número de materias e créditos superados na universidade de orixe, a carga lectiva e sistema de cualificacións de procedencia.

3.    Plan de estudos e programa das materias superadas.

4.    Táboa de equivalencia das materias que se desexan validar.

5.    Declaración xurada de non ter solicitada a homologación no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (só titulados universitarios)

6.    No caso de que rematase o prazo para cursar os requisitos formativos complementarios, resolución do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

A documentación presentarase debidamente traducida e legalizada.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento