Conxunto de identidade do servizo

Convocatoria de selección para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado temporal

Solicitude para as convocatorias de selección para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado temporal.

Identificación

Código: PSP-01/99

Nome: Convocatoria de selección para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado temporal.

Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de selección, Prazas de PDI contratado temporal.

Inicio e instrucións

O procedemento pode iniciarse nos seguintes puntos de entrada:

FINALIDADE

 
Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas poidan solicitar a participación no procedemento selectivo de prazas de profesor contratado temporal.
 

DESCRICIÓN

 
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.
 
Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.
 
As emendas deben realizarse utilizando o formulario que se encontra na páxina web do Servizo de Planificación de PDI. Deberánse presentar exclusivamente a través da ligazón de presentación de emendas no rexistro electrónico, na sede electrónica.
 
O procedemento remata coa proposta de contratación que faga a comisión de selección motivada e vinculante das persoas candidatas, ordenada po la puntuación acadada no proceso selectivo.
 
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
 
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento