Ir ao contido da páxina

Participación no Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero

Participación no Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero

Identificación

Código: PX-99/2

Nome: Participación no Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero.

Clasificación: Loita contra a discriminación e o acoso, Difusión, Campañas.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Participación no Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero

FINALIDADE

Este procedemento deséñase para que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, matriculado no curso 2019-20, poida participar no III Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero.

 

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación do formulario de participación na sede electrónica da USC. O relato curto debe adxuntarse nun arquivo en formato PDF como anexo. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico. Para a presentación do formulario deben empregarse as credenciais de estudante da USC.

 

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón convocatoria onde se indican os requisitos, o prazo de presentación e os lugares onde pode seguir o procedemento.

 

O procedemento remata coa resolución de concesión dos premios de conformidade coa proposta do xurado.

 

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentación asociada ó procedemento