Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal laboral temporal de administración e servizos (PAS)
Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal laboral temporal de administración e servizos (PAS)
Identificación
Código: PSP-02/03
Nome: Convocatoria de selección para elaborar listaxes de espera de persoal laboral temporal de administración e servizos (PAS).
Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de selección, Listas de agarda.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de inscrición
FINALIDADE
Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas en formar parte dunha listaxe de espera de persoal laboral temporal de administración e servizos da USC poidan solicitar a súa participación no proceso selectivo.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.
Todos os requerimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón convocatoria onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.
As emendas deben realizarse a través da seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/EmendaProcesoSelectivoProcedemento.htm
O procedemento remata coa proposta de listaxe de espera que faga o tribunal con aquelas/es aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.