Conxunto de identidade do servizo

Solicitude para a avaliación de méritos docentes da convocatoria 2019

Solicitude para a avaliación de méritos docentes da convocatoria 2019

Identificación

Código: XP-01/2

Nome: Solicitude para a avaliación de méritos docentes da convocatoria 2019.

Clasificación: Xestión de persoal, Expediente persoal, Complementos retributivos.

Inicio e instrucións

O procedemento debe iniciarse cumprimentando o formulario que está a disposición das persoas interesadas na Secretaría Virtual do Profesorado e posteriormente presentar dito formulario e documentación anexa requerida na convocatoria no rexistro electrónico da USC nos seguintes puntos de entrada:

FINALIDADE

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas poidan solicitar o recoñecemento do complemento por méritos docentes do ano 2019.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude e documentación anexa requerida na convocatoria na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.

O procedemento remata co recoñecemento dos tramos correspondes a avaliación de méritos docentes aprobados polos órganos competentes da Universidade: Consello de Goberno e Consello Social.

A Universidade emitirá resolución recoñecendo os tramos correspondentes e os efectos económicos que puideran corresponder a cada un dos solicitantes.

Contra a convocatoria de avaliación 2019, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento