Ir ao contido da p�xina

Solicitude para a avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado por tempo indefinido

Convocatoria para a solicitude de recoñecemento dos méritos na actividade investigadora (sexenios) para o profesorado contratado por tempo indefinido

Identificación

Código: XP-01/3

Nome: Solicitude para a avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado por tempo indefinido.

Clasificación: Xestión de persoal, Expediente persoal, Complementos retributivos.

Inicio e instrucións

O procedemento debe iniciarse por vía telemática cumprimentando os documentos dispoñibles na sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e dándolles rexistro na mesma plataforma.

O proceso finalizará coa presentación a través do rexistro electrónico da USC dunha copia da folla de solicitude xerada e o xustificante de rexistro electrónico do Ministerio.

FINALIDADE

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas poidan solicitar o recoñecemento da actividade investigadora.

DESCRICIÓN

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.

O procedemento iníciase coa presentación na sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, da solicitude e documentación anexa requerida na convocatoria

 As persoas interesadas deben presentar a través do rexistro electrónico da USC unha copia da folla de solicitude xerada e o xustificante de rexistro electrónico do Ministerio.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria, o Servizo de Planificación de PDI remite á Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI) todas as solicitudes recibidas para que se proceda a súa avaliación.

O procedemento remata cando a CNEAI emite os informes de Avaliación e a proposta de avaliación se somete aos órganos de goberno competentes da Universidade: Consello de Goberno e Consello Social.

A Universidade emitirá resolución recoñecendo os tramos correspondentes e os efectos económicos que puideran corresponder a cada un dos solicitantes.

Contra a convocatoria de avaliación, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento