Ir ao contido da p�xina

Comunicacións sobre requisitos de accesibilidade web

Comunicacións sobre requisitos de accesibilidade web

Identificación

Código: PAE-1/1

Nome: Comunicacións sobre requisitos de accesibilidade web.

Clasificación: Páxina web, Accesibilidade, Comunicacións.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

 

Finalidade

Este trámite permite a calquera persoa física ou xurídica informar á Universidade sobre calquera posible incumprimento por parte do sitio web ou da aplicación para dispositivos móbiles dos requisitos de accesibilidade establecidos. Tamén permite transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web ou aplicación para dispositivos móbiles, segundo ao establecido no Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

 

Descrición

O procedemento iníciase cunha comunicación que se realiza telematicamente a través do formulario electrónico xa sinalado no epígrafe de INICIO e seguindo os pasos que se van indicando nas sucesivas pantallas.

Unha vez recibida a solicitude, a Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da USC trasladará a comunicación aos servizos técnicos, de ser o caso, para que avalíen a información achegada e propoñan a adopción de medidas.

A URA notificará ao interesado a decisión que se adopte.

 

 

Documentación asociada ó procedemento