Ir ao contido da p�xina

Solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC

Solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC

Identificación

Código: PAE-1/2

Nome: Solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC.

Clasificación: Páxina web, Accesibilidade, Solicitude de información.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

 

Finalidade

Este trámite permite a calquera persoa física ou xurídica formular queixas relativas ao cumprimento dos requisitos de accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da Universidade incluídos dentro do ámbito de aplicación do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade aos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público. Tamén permite solicitar a información relativa aos contidos que están excluídos do ámbito obxectivo de aplicación do devandito Real Decreto ou aos exentos do seu cumprimento por supoñer unha carga desproporcionada.

 

Descrición

O procedemento iníciase cunha solicitude que se realiza telematicamente a través do formulario electrónico xa sinalado no epígrafe de INICIO e seguindo os pasos que se van indicando nas sucesivas pantallas.

Unha vez presentada a solicitude, a Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da USC tramitará a petición do interesado e, previo o informe técnico pertinente, de ser o caso, daralle resposta da mesma.

Se a solicitude non se axusta aos límites legalmente establecidos, será denegada.

 

Documentación asociada ó procedemento