Reclamación contra a solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC
Reclamación contra a solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC
Identificación
Código: PAE-1/3
Nome: Reclamación contra a solicitude de información sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles da USC.
Clasificación: Páxina web, Accesibilidade, Reclamacións.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de solicitude
Finalidade
Este trámite permite realizar unha reclamación relativa á contestación dunha solicitude de Información Accesible e Queixas ao abeiro do artigo 12 do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público ante a USC, sempre que se cumpran cos requisitos establecidos na normativa aplicable, como son:
- Que previamente se realizou unha solicitude de información accesible ou queixa.
- Que a mesma fose desestimada ou non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos regulados no devandito Real Decreto.
Descrición
O procedemento iníciase cunha reclamación que se realiza telematicamente a través do formulario electrónico xa sinalado no epígrafe de INICIO e seguindo os pasos que se van indicando nas sucesivas pantallas.
Unha vez recibida a reclamación, a Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da USC analizaráa e remitiráa aos servizos técnicos correspondentes, de ser o caso, para a súa revisión e estudio.
A URA elaborará a proposta de resolución e a Secretaría Xeral resolverá.
Contra a resolución de reclamación poderá interpoñerse o procedente recurso segundo o artigo 112 da Ley 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.