Solicitude de prestación de servizos na modalidade de teletraballo no ámbito do persoal de administración e servizos
Solicitude de prestación de servizos na modalidade de teletraballo no ámbito do persoal de administración e servizos
Identificación
Código: PAE-21/9
Nome: Solicitude de prestación de servizos na modalidade de teletraballo no ámbito do persoal de administración e servizos.
Clasificación: Xestión de persoal, Expediente persoal, Teletraballo.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de solicitude
FINALIDADE
Este procedemento deséñase para que o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela poida solicitar a prestación de servizos na modalidade de teletraballo, co fin de favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
DESCRICIÓN
Permite presentar electrónicamente unha solicitude para a petición de prestación de servizos na modalidade de teletraballo no ámbito do persoal de administración e servizos da USC, tal e como se recolle no Acordo do 28 de maio de 2021, do Consello de Goberno.
Este procedemento ten beneficios sociais na medida en que fomenta a conciliación da vida laboral e familiar, pero tamén contribúe á eficiencia da Administración e pode traducirse nunha mellora da produtividade.
Enténdese por teletraballo a modalidade de prestación de servizos a distancia na cal o contido competencial do posto de traballo pode desenvolverse, sempre que as necesidades do Servizo o permitan, fóra das dependencias da universidade mediante o uso das tecnoloxías da información e comunicación. Esta modalidade deberá contribuír a unha mellor organización do traballo a través da identificación de obxectivos e á avaliación do seu cumprimento.
A modalidade de teletraballo será complementaria da modalidade presencial e garantirá en todo caso a atención directa presencial. Así mesmo, será compatible coa xornada ordinaria, coa flexibilidade horaria xeral e co horario flexible por razón de conciliación familiar e laboral. Non obstante, co obxecto de garantir a reciprocidade do exerccio do dereito á desconexión dixital das persoas teletraballadoras, das persoas supervisoras e do resto de persoal, os días en que se desenvolva a modalidade de teletraballo, as persoas que a teñan autorizada deberán estar con carácter xeral en disposición de atender as indicacións, as instrucións e os requirimentos do persoal supervisor do órgano de adscrición e atender as comunicacións do restante persoal durante o horario de referencia para a xornada flexible xeral, das 9.00 ás 14.00 en quenda de mañá e das 16.00 ás 21.00 horas en quenda de tarde. As franxas de referencia poderanse modificar no programa individual de teletraballo, atendendo ás necesidades do Servizo.
O persoal que solicite acollerse á modalidade de teletraballo deberá cumprir cos requisitos e dirixir a solicitude á Xerencia de forma electrónica, segundo este procedemento.
A solicitude deberá ir acompañada dunha descrición detallada das condicións do posto onde se desenvolverá o teletraballo que permita a valoración por parte do Servizo de Prevención de Riscos de que cumpre os requisitos esixidos en materia de prevención de riscos laborais, e do cuestionario cuberto de autoavaliación para o posto de traballo. As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario, para a remisión electrónica da solicitude.
A Xerencia solicitará os informes necesarios para verificar as disponibilidades tecnolóxicas, a susceptibilidade de desempeño do posto na modalidade de teletraballo, o cumprimento dos requisitos para prestar Servizos nesa modalidade, a compatibilidade do desempeño do posto de traballo en teletraballo coas necesidades do servizo e demais circunstancias que deban constar na resolución de autorización.
A posteriori, a Xerancia resolverá. O prazo para emitir e notificar a resolución será de tres meses contados dende a finalización do prazo de solicitude que se estableza na convocatoria. O vencemento do prazo máximo sen que recaía resolución expresada facultará á persoa interesada para entender a solicitude desestimada por silencio administrativo.