Solicitude de cambio de nome a efectos internos das persoas estudantes da USC
Solicitude de cambio de nome a efectos internos das persoas estudantes da USC
Identificación
Código: PAE-22/01
Nome: Solicitude de cambio de nome a efectos internos das persoas estudantes da USC.
Clasificación: Xestión académica, Peticións especiais, Outras peticións.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude
Finalidade
Este procedemento ten por obxecto solicitar o cambio de nome a efectos internos coa finalidade de posibilitar o exercicio do dereito das persoas transexuais, transxénero e intersexuais a seren identificadas internamente, na Universidade de Santiago de Compostela (USC), co nome co que realmente se identifican (nome de uso común), nos casos en que este non coincida co legalmente asignado (nome legal), co fin de impedir calquera forma de exclusión e asegurar o respecto dentro do ámbito universitario.
Descrición
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude de cambio de nome a efectos internos no Catálogo de Procedementos da sede electrónica da USC. Na solicitude, a persoa interesada poderá acompañar o documento acreditativo de ter solicitado nas instancias oficiais correspondentes o cambio de nome de uso legal. No caso de que sexa usuaria de servizos universitarios (SUR, Deportes...) deberá facelo constar para os efectos do cambio de nome nos Servizos ou Unidades correspondentes.
Unha vez admitida a trámite a solicitude, a Secretaría Xeral procederá a comunicar ao centro ou unidade correspondente as adaptacións internas que procedan.
Prazo para resolver: O prazo máximo para proceder á modificación de nome será de 30 días a contar desde a formulación da solicitude, sempre que esta sexa admitida a trámite. Este prazo poderá ser ampliado se o cambio de nome implica ter que realizar algún proceso técnico que non sexa posible concluír no prazo sinalado no parágrafo anterior. En calquera caso, esta ampliación de prazo deberá ser comunicada á persoa solicitante e non poderá exceder de tres semanas adicionais.
Sentido do silencio administrativo: Desestimatorio.