Ir ao contido da p�xina

Convocatoria de axudas para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da USC 2025

Convocatoria de axudas para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da USC

Identificación

Código: PAE-22/06

Nome: Convocatoria de axudas para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da USC 2025.

Clasificación: Extensión universitaria, Axudas, Axudas para dinamización dos centros.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

O procedemento iníciase coa presentación do formulario de solicitude de participación na convocatoria por parte da persoa interesada na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.

O formulario está dispoñible na seguinte ligazón e na propia convocatoria, publicada no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Pódense descargar os anexos requiridos en formato editable facendo clic sobre ANEXO II e ANEXO III.

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón, onde se indican os requisitos de participación, o prazo de presentación de solicitudes e o lugar onde se pode seguir o procedemento.

O procedemento remata coa resolución de concesión das axudas de conformidade coa proposta da comisión de avaliación, a cal se realizará nun prazo máximo de catro meses dende o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro. Anteriormente publicarase unha resolución provisional coa lista daqueles proxectos seleccionados que obtivesen maior puntuación e na que se indicará un prazo de alegacións de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro.

Unha vez rematado o dito prazo e revisadas as alegacións, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura publicará a lista definitiva cos proxectos adxudicados e os beneficiarios das correspondentes axudas. A lista definitiva dos proxectos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios electrónico oficial da USC, así como na páxina web.

Documentación asociada ó procedemento