Convocatoria de propostas de cursos para a Universidade de Verán 2025
Convocatoria de propostas de cursos para a Universidade de Verán 2025
Identificación
Código: PAE-22/07
Nome: Convocatoria de propostas de cursos para a Universidade de Verán 2025.
Clasificación: Procedemento administrativo, Solicitudes, Solicitude xenérica.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de solicitude
O procedemento iníciase coa presentación do formulario de solicitude de participación na convocatoria por parte da persoa interesada na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. O formulario está dispoñible na seguinte ligazón e na propia convocatoria, publicada no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón, onde se indican os requisitos de participación, o prazo de presentación de solicitudes e o lugar onde se pode seguir o procedemento.
O procedemento remata coa resolución de selección de cursos de conformidade coa proposta da comisión de avaliación, a cal se realizará nun prazo máximo de seis meses dende o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro. Anteriormente publicarase unha resolución provisional coa lista daqueles cursos seleccionados que obtivesen maior puntuación e na que se indicará un prazo de alegacións de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro.
Unha vez rematado o dito prazo e revisadas as alegacións, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura publicará a lista definitiva dos cursos seleccionados no Taboleiro Electrónico da USC, así como na páxina web.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.