Ir ao contido da p�xina

Solicitude de expedición da TUI física para PAS, PDI e persoal investigador da USC.

Solicitude de expedición da TUI física para PAS, PDI e persoal investigador da USC.

Identificación

Código: PAE-23/01

Nome: Solicitude de expedición da TUI física para PAS, PDI e persoal investigador da USC..

Clasificación: Servizos, Prestación de servizos, Expedición da TUI física.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

Finalidade

Este procedemento ten por obxecto a xestión da tramitación da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) física para aqueles membros da comunidade universitaria que a precise para a prestación de determinados servizos.

Descrición

Unha vez recibida a solicitude, na oficina de asistencia en materia de rexistros correspondente comprobarase se a persoa interesada consta na aplicación cunha fotografía e no colectivo indicado.

Se non ten fotografía informarase á persoa solicitante que deberá dirixirse ao seu centro de referencia para a súa emisión.

Se a persoa solicitante indica na súa solicitude “Renovación”, “Cambio de colectivo” ou “Deterioro” no momento en que sexa citado deberá entregar na oficina de asistencia en materia de rexistros a tarxeta caducada, obsoleta ou deteriorada.

Se a persoa solicitante indica “Perda” dende a oficina de asistencia en materia de rexistros informarase dos medios de pagamento do prezo correspondente.

Unha vez comprobado que está todo correcto, dende a oficina de asistencia en materia de rexistros correspondente citarase á persoa solicitante para a emisión e recollida da TUI física.

Documentación asociada ó procedemento