Ir ao contido da p�xina

Concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario

Concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario

Identificación

Código: PAE 23/25

Nome: Concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario.

Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de provisión, Persoal funcionario.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario

FINALIDADE

 Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas en participar nos concursos ordinarios de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario poidan solicitar a súa participación no proceso.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.

Todos os requerimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.

As emendas deben realizarse a través da seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaConcursoOrdinarioFuncionarios.htm

O procedemento remata coa proposta que faga a Comisión Permanente de Valoración de Méritos con aquelas/es aspirantes que obtiveron posto no proceso de provisión.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento