Ir ao contido da p�xina

Comisión de servizos de postos de traballo singularizados de persoal funcionario

Comisión de servizos de postos de traballo singularizados de persoal funcionario

Identificación

Código: PAE 23/27

Nome: Comisión de servizos de postos de traballo singularizados de persoal funcionario.

Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de provisión, Persoal funcionario.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Comisión de servizos de postos de traballo singularizados de persoal funcionario

FINALIDADE

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas en participar nos procedementos de provisión de postos singularizados de PAS funcionario mediante o sistema de comisión de servizos poidan solicitar a súa participación no procedemento.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario de solicitude que se debe cubrir de xeito electrónico.

Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CSS onde se indica a documentación que hai que presentar e o momento de facelo.

As emendas deben realizarse a través da seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendasComisionServizosFuncionario.htm

O procedemento remata coa resolución da xerencia pola que se publica a motivación de adxudicación dos postos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación asociada ó procedemento