Ir ao contido da p�xina

Solicitude das axudas para a manutención do estudantado nas cafeterías e comedores universitarios

Solicitude das axudas para a manutención do estudantado nas cafeterías e comedores universitarios

Identificación

Código: PAE 23/28

Nome: Solicitude das axudas para a manutención do estudantado nas cafeterías e comedores universitarios.

Clasificación: Extensión universitaria, Axudas, Axudas de manutención.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

FINALIDADE

As axudas para manutención da USC teñen como obxectivo contribuír aos gastos de alimentación do estudantado mediante a concesión de bonos de comedor, intercambiables por menús nos períodos lectivos establecidos no calendario académico.

Tipos de bono

As persoas beneficiarias poderán obter un dos seguintes tipos de bono:

  • Bono Tipo 1: 80 consumos (máximo 500 unidades).
  • Bono Tipo 2: 60 consumos (máximo 400 unidades)
  • Bono Tipo 3: 40 consumos (o número repartido fixarase en función das solicitudes)

As características, duración e número de menús asociados a cada modalidade figuran detalladas na convocatoria.

 

DESCRICIÓN

Quen pode solicitalas?

Poderá solicitar estas axudas o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Requisitos académicos

- Estar matriculado/a no curso correspondente nunha titulación oficial de grao ou máster da USC.

- Ter matriculados:

  • Un mínimo de 30 créditos.
  • Ou, no caso dos estudos de grao, os créditos que resten para finalizar a titulación.

- Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos para os que se solicita a axuda.

- O estudantado participante en programas de mobilidade dun único semestre poderá optar exclusivamente ao bono Tipo 3.

 

2. Requisitos económicos

A concesión das axudas terá en conta a situación económica da persoa solicitante.

Renda Persoal Dispoñible (RPD)

  • A RPD non poderá superar os 9.000 €.
  • Excepcionalmente, poderán valorarse situacións económicas ou laborais sobrevidas de especial gravidade, debidamente acreditadas, aínda que se supere este límite.

 

Criterios de valoración

A puntuación máxima será de 100 puntos.

1. Circunstancias económicas (ata 60 puntos)

Valorarase:

  • A Renda Persoal Dispoñible (RPD).
  • Ou, alternativamente, situacións económicas ou laborais sobrevidas que impliquen un grave deterioro da economía familiar.

 

2. Circunstancias persoais, familiares e sociais (ata 40 puntos)

Valoraranse as seguintes situacións:

  • Violencia de xénero.
  • Familia monomarental ou monoparental.
  • Discapacidade da persoa solicitante.
  • Discapacidade de membros da unidade familiar.
  • Responsabilidades familiares acreditadas.
  • Situación de orfandade.
  • Familia numerosa.
  • Acollemento ou tutela administrativa.
  • Protección internacional ou condición de persoa refuxiada.
  • Violencia intrafamiliar ou outras formas de violencia acreditadas.
  • Situacións de vulnerabilidade ou exclusión social acreditadas.

A puntuación específica de cada criterio pode consultarse na convocatoria completa.

 

Resolución do procedemento

A xestión e valoración das solicitudes corresponderá á Vicerreitoría de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar.

 

Publicación de resultados

  • Publicación da resolución provisional.
  • Prazo para presentación de alegacións.
  • Publicación da resolución definitiva no Taboleiro Electrónico da USC.

 

Prazo máximo de resolución

A resolución definitiva publicarase nun prazo máximo de dous meses desde a publicación da convocatoria.

Se transcorrido este prazo non existe resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

 

Consulta a convocatoria completa para coñecer o detalle dos tipos de bono, a documentación requirida e os criterios de valoración aplicables.