Sistema interno de información
Sistema interno de información
Identificación
Código: PAE 23/29
Nome: Sistema interno de información.
Clasificación: Transparencia, Sistema Interno de Información, Canle interna.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Sistema interno de información
Finalidade
O Sistema Interno de Información da USC é o medio establecido pola Universidade para informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, no ámbito da USC.
Descrición
O Sistema interno aplicarase ás persoas que faciliten información sobre infraccións nun contexto laboral ou profesional, comprendendo en todo caso as persoas que teñan a condición de empregados públicos e as persoas pertencentes ao órgano de administración, dirección ou supervisión de fundacións ou empresas de titularidade da USC e calquera persoa que traballe para ou baixo a supervisión e a dirección de contratistas, subcontratistas e provedores.
Tamén se aplicará aos informantes que comuniquen ou revelen información sobre infraccións obtida no marco dunha relación laboral ou estatutaria xa finalizada, voluntarios, bolseiros, persoas traballadoras en períodos de formación con independencia de que perciban ou non unha remuneración, así como a aquelas cuxa relación laboral aínda non comezase, nos casos en que a información sobre infraccións sexa obtida durante o proceso de selección.