Convocatoria de axudas "César Oro e José García Oro" para o fomento da investigación a través dos estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela para o curso académico 2024/2025
Convocatoria de axudas "César Oro e José García Oro" para o fomento da investigación a través dos estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela para o curso académico 2024/2025
Identificación
Código: PAE 24/03
Nome: Convocatoria de axudas "César Oro e José García Oro" para o fomento da investigación a través dos estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela para o curso académico 2024/2025.
Clasificación: Xestión académica, Doutoramento, Peticións EDIUS.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Inicio do procedemento
Finalidade
Adxudicar achegas económicas ao alumnado de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela que, cumprindo cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, acredite atoparse nunha situación de insuficiencia de recursos que comprometa a continuidade da investigación conducente á realización da tese doutoral.
Descrición
O procedemento iníciase coa presentación do formulario de solicitude de participación na convocatoria por parte da persoa interesada na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. Todos os requirimentos da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/128965/carga.htm, onde se indican os requisitos de participación, o prazo de presentación de solicitudes e o lugar onde se pode seguir o procedemento.
O formulario está dispoñible na ligazón do inicio do procedemento e na propia convocatoria publicada.
O procedemento remata coa resolución de concesión das axudas de conformidade coa proposta do Comisión de Selección.
Contra a resolución da convocatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Contra a resolución definitiva de concesión das axudas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución, ou ben directamente recurso perante a xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.