Solicitude de axuda e subvención de prezos públicos por servizos académicos para persoal da USC
Solicitude de axuda e subvención de prezos públicos por servizos académicos para persoal da USC
Identificación
Código: PAE 25/03
Nome: Solicitude de axuda e subvención de prezos públicos por servizos académicos para persoal da USC.
Clasificación: Extensión universitaria, Axudas, Axudas ao persoal.
Inicio e instrucións
Cando a persoa beneficiaria se matricule en titulacións oficiais na USC, a solicitude realizarse a través da matrícula na páxina web.
Cando se trate de estudos noutras universidades públicas portuguesas ou españolas diferentes da USC, ou cando xa estivera pechado o prazo de matrícula na USC, será a través do enlace: solicitude axudas persoal USC
Finalidade
Este trámite permite solicitar unha axuda para o pagamento dos prezos públicos por servizos académicos ás persoas que presten os seus servizos na USC.
Descrición
A persoa titular do dereito á axuda dos prezos públicos por servizos académicos realiza a solicitude.
A sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado realizará as comprobacións necesarias para resolver a concesión ou denegación da petición.
As resolucións de concesión ou denegación publicaranse no Taboleiro electrónico da USC.
A resolución de concesión comunicarase ás unidades administrativas que correspondan, xunto co importe da axuda concedida para que se inclúa na base de cotización do Réxime Xeral da Seguridade Social, así como a súa imputación como rendemento do traballo no imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do ano que corresponda.
A resolución de denegación comunicarase á UXA correspondente.