Ir ao contido da p�xina

Bolsas de verán Centros CIGUS

Solicitude de participación na convocatoria de selección para as bolsas de verán dos Centros CIGUS

Identificación

Código: PAE-26/01

Nome: Bolsas de verán Centros CIGUS.

Clasificación: Extensión universitaria, Axudas, Axudas ao estudo.

Inicio e instrucións

Finalidade

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas poidan solicitar a participación na convocatoria de bolsas de verán dos centros CiGUS da USC (CiMUS, CiQUS, CiTIUS, IGFAE e CRETUS). Estas bolsas están dirixidas a estudantes de grao con experiencia nos estudos relacionados coas áreas de investigación dos centros mencionados. Terán a posibilidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación, durante un mes, en instalacións de primeiro nivel e da man de investigadores experimentados e membros da rede de excelencia CiGUS. 
 

Descrición

No momento que se abre a convocatoria anual. O procedemento iníciase coa solicitude telemática a través do formulario electrónico da Sede Electrónica da USC e sinalado no epígrafe de INICIO e seguindo os pasos que se van indicando nas sucesivas pantallas. Os interesados deben anexar á solicitude unha serie de documentación sinalada na convocatoria correspondente. 
Unha vez recibida a solicitude no centro de investigación CiGUS correspondente, avaliarase a información aportada e serán seleccionados os candidatos dacordo cos criterios publicados na propia convocatoria e sempre dacordo aos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade. A resolución de selección das convocatorias, e toda a documentación asociada ao procedemento, serán publicadas através da sede electrónica da USC. 
 

Documentación asociada ó procedemento