Ir ao contido da p�xina

Inicio de estudos de grao con límite de prazas

Solicitude de admisión para iniciar estudos en graos con límite de prazas para o acceso

Identificación

Código: PXA-02/1

Nome: Inicio de estudos de grao con límite de prazas.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.

Inicio e instrucións

O procedemento pode iniciarse nos seguintes puntos de entrada:

FINALIDADE

Serve para que as persoas que queren estudar un grao no que o número de prazas de novo ingreso está limitado, sexan admitidos mediante o proceso selectivo establecido para iso, requisito indispensable para formalizar a matrícula.

Tal proceso denomínase PREINSCRIPCION, e en Galicia é xestionado de forma coordinada pola Xunta e as Universidades a través dun organismo denominado Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) que concentra toda a oferta de estudos e asigna prazas de forma unificada para todas as titulacións e universidades.

DESCRICIÓN

O alumno debe solicitar, a través dunha aplicación informática específica (denominada NERTA) a admisión nos graos que desexe en función da súa prelación.

A CIUG asgina as prazas en función da valoración do expediente académico e publica as listas dos alumnos admitidos en cada unha das titulacións e das universidades abrindo un prazo para que aqueles formalicen a matricula na universidade correspondente.

Pasado tal prazo, as prazas que queden libres por non se ter efectuado a matrícula, dan lugar a unha nova asignación, na que se repite o procedemento, e así o número de veces que se determine ata a finalización do proceso.

Documentación asociada ó procedemento