Ir ao contido da páxina

Inicio de estudos de grao sen límite de prazas

Solicitude de admisión para iniciar estudos en graos sen límite de prazas para o acceso

Identificación

Código: PXA-02/2

Nome: Inicio de estudos de grao sen límite de prazas.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Oferta de titulacións de grao na USC

FINALIDADE

Serve para que as persoas que desexan cursar estudos de grao que non teñen establecido un número máximo de prazas para o inicio dos estudos sexan admitidas, o que lles permitirá formalizar a matrícula.

DESCRICIÓN

O proceso iníciase coa solicitude de admisión, a presentar polo interesado, coa que debe aportar os datos persoais e académicos así como os documentos que se lle requiren para verificar que cumpre cos requisitos de admisión.

A Universidade examina a solicitude e, de ser necesario, advirte ao interesado para que corrixa os erros observados ou aporte a documentación que falte.

En base a eses antecedentes, a autoridade académica da USC que corresponda contesta á solicitude.

En caso de que a resposta sexa favorable, remíteselle ao alumno carta de admisión para que realice o pagamento do traslado do expediente na súa universidade de orixe, e, por último, procédese a autorizar a matrícula, que se realizará por procedemento electrónico ou presencial.