Ir ao contido da páxina

Inicio de estudos de máster

Solicitude de admisión para iniciar estudos de máster oficial

Identificación

Código: PXA-02/5

Nome: Inicio de estudos de máster.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Oferta de másteres oficiais na USC

FINALIDADE

Serve para que as persoas que desexen cursar estudos de máster que teñen un número limitado de prazas sexan admitidas, o que lles permitirá formalizar a matrícula. (No caso dos másteres sen límite de prazas, a matrícula é directa, polo cal no sistema informático a solicitude de admisión e a matrícula son o mesmo trámite.)

DESCRICIÓN

O proceso iníciase coa solicitude de admisión, a presentar polo interesado, coa que debe aportar os datos persoais e académicos así como os documentos que se lle requiren para verificar que cumpre cos requisitos de admisión.

Os servizos administrativos reciben e examinan a solicitude, requiren, de así ser necesario, que se aporte a documentación que poda precisarse ou que se completen os datos requiridos.

A Universidade asigna as prazas en función dos criterios establecidos para o máster solicitado que sempre son de carácter académico.

En caso de que o solicitante resulte admitido, comunícaselle para que formalice a matrícula no prazo correspondente.

Se non se formaliza matrícula, decáese no dereito de ser admitido ao máster.

Documentación asociada ó procedemento