Ir ao contido da páxina

Admisión en cursos ponte para graos

Solicitude de admisión para iniciar estudos nos cursos complementarios (cursos ponte) para a obtención do título de grao

Identificación

Código: PXA-02/6

Nome: Admisión en cursos ponte para graos.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Continuación de estudos xa iniciados.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Titulacións de grao con curso ponte ou de adaptación

FINALIDADE

Os cursos complementarios serven para que as persoas que teñan un título de diplomado universitario e queran obter o  grao que o substitue poidan facelo mediante a superación dun só curso.  Estes cursos teñen límite de prazas polo que os interesados, para poder matricularse, deben someterse a un procedemento selectivo de admisión.

DESCRICIÓN

O proceso iníciase coa solicitude de admisión que presenta o interesado, na que inclúe os datos persoais e una declaración dos seus datos académicos.

Os servizos administrativos reciben e examinan a solicitude, requiren, de así ser necesario, que se aporte a documentación que poda precisarse ou que se completen os datos necesarios.

A Universidade asigna as prazas en función da media dos expedientes académicos dos solicitantes.

En caso de que o solicitante resulte admitido, comunícaselle para que formalice a matrícula no prazo correspondente.

Se non se formaliza matrícula, decáese no dereito respecto á praza adxudicada.

Documentación asociada ó procedemento