Ir ao contido da páxina

Continuación de estudos iniciados noutra universidade

Solicitude de admisión para continuar estudos xa iniciados noutra universidade

Identificación

Código: PXA-02/4

Nome: Continuación de estudos iniciados noutra universidade.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Continuación de estudos xa iniciados.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Oferta de titulacións de grao na USC

FINALIDADE

Serve para que estudantes que comezaron estudos noutra universidade, sexan admitidos para continuar os  mesmos estudios na de Santiago de Compostela

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o alumno a través do formulario correspondente.

A tramitación varía en función de se a titulación que se quere cursar ten prazas limitadas para os alumnos procedentes doutras universidades ou non, o cal se pode saber na convocatoria de matrícula do curso.

Neste segundo caso, os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno para que formalice a matrícula no prazo correspondente.

No primeiro caso, os servizos administrativos reciben e examinan a solicitude e a Universidade asigna as prazas en función dos expedientes académicos dos solicitantes. En caso de que o solicitante resulte admitido, comunícaselle para que formalice a matrícula no prazo correspondente. Se non se formaliza matrícula, decáese no dereito respecto á praza adxudicada.

Documentación asociada ó procedemento