Ir ao contido da p�xina

Queixas e suxestións en xestión académica

Presentación de queixas e suxestións sobre os servizos vinculados a área académica da USC

Identificación

Código: PX-04/1

Nome: Queixas e suxestións en xestión académica.

Clasificación: Xestión académica, Reclamacións, Queixas.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Oficina de Análise de Reclamacións

FINALIDADE

Serve para que o alumnado ou os usuarios de servizos vinculados á área académica da USC realicen suxestións e queixas en relación ao funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC. Tamén lle ofrece á comunidade universitaria un sistema aberto ás opinións e suxestións co fin de mellorar a xestión académica e, por extensión, o servizo público que presta a Universidade de Santiago de Compostela.

DESCRICIÓN

O proceso iníciase coa presentación por parte do/a interesado/a, a través da Secretaría Virtual ou da páxina web da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR), da queixa ou suxestión que pretenda realizar.

A OAR recíbea e analízaa e, de ser necesario, solicita informe á unidade ou órgano correspondente da USC co obxecto de obter a información para dar resposta á queixa ou suxestión. Unha vez recibidos e analizados os informes a OAR respóndelle ao/á interesado/a.

O alumnado está ao tanto do estado de tramitación da súa reclamación a través do  correo electrónico e da Secretaría Virtual.

Documentación asociada ó procedemento