Presentación de recursos en materia de xestión académica
Presentación de recursos en materia de xestión académica
Identificación
Código: PX-04/2
Nome: Presentación de recursos en materia de xestión académica.
Clasificación: Xestión académica, Reclamacións, Recursos.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Presentación de recursos en materia de xestión académica
FINALIDADE
Serve para que o alumnado formule recursos administrativos sobre actos de xestión académica tramitados nas distintas unidades administrativas da USC como os relativos a validacións, adaptacións, recoñecementos de estudos, anulacións de matrícula, admisións, simultaneidades, subvención de prezos, apoio titorial extraordinario, revisión de cualificacións e recoñecemento de estudos cursados en programas nacionais ou internacionais, entre outros.
DESCRICIÓN
O proceso iníciase coa presentación do recurso por parte do/a interesado/a, no cal deberá indicarse que acto impugna e os motivos da súa reclamación e a súa pretensión.
Para ser admitido a trámite, o recurso deberá presentarse e rexistrarse no prazo dun mes dende a recepción da resolución que pretenda impugnar. Pódese acompañar da documentación que se considere oportuna.
A Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) recibe e examina a solicitude e require, de así ser necesario, que se achegue a documentación que poida precisarse ou que se completen os datos requiridos.
De ser preciso solicítase informe do alegado no recurso aos centros, servizos ou profesorado correspondente.
O proceso remata coa resolución do reitor a ese recurso, que se lle notifica á persoa interesada. A resolución do recurso esgota a vía administrativa e é impugnable directamente diante dos tribunais do contencioso-administrativo.
Este procedemento só é válido para recursos administrativos no ámbito de xestión académica que tramita a Oficina de Análise de Reclamacións.
Para interpor recursos será necesaria a sinatura con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados.