Conxunto de identidade do servizo

Solicitude de certificacións automatizadas da OIT

Solicitude de certificacións automatizadas no ámbito da OIT

Identificación

Código: PINV-1

Nome: Solicitude de certificacións automatizadas da OIT.

Clasificación: Xestión da investigación, Certificacións da actividade investigadora, Solicitude de certificacións.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Listaxe de certificacións dispoñibles

FINALIDADE

Serve para que os interesados obteñan constancia documental de feitos ou datos de calquera natureza derivados da súa relación oficial coa Universidade, de conformidade cos límites establecidos legalmente.

DESCRICIÓN

O proceso iníciase coa solicitude do interesado na que concreta a súa pretensión.

A solicitude é remitida ao servizo da universidade competente en razón do asunto para que contraste os feitos ou datos a certificar.

Se a solicitude non se axusta aos límites legalmente establecidos, será denegada.

Feitas as comprobacións oportunas, a autoridade competente da USC procede a emitir a certificación, que é trasladada ao interesado.

No caso de que os feitos ou datos de que se trate consten en procesos automatizados, a certificación pódese obter de xeito inmediato por vía electrónica.

Documentación asociada ó procedemento