Ir ao contido da p�xina

Protección de datos de carácter persoal

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, potabilidade e oposición en materia de protección de datos de carácter persoal

Identificación

Código: PRT-1

Nome: Protección de datos de carácter persoal.

Clasificación: Protección de datos, Dereitos a exercer na sede, Exercicio dereitos de protección de datos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

FINALIDADE

Serve para que as persoas interesadas poidan facer uso dos seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, potabilidade e oposición en materia de protección de datos de carácter persoal, de acordo co establecido no Título III da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal  e garantía dos dereitos dixitais (LOPD e GDD) e o Regulamento (UE) 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e a libre circulación destes datos.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

As persoas interesadas deberá especificar na solicitude a que datos de carácter persoal se refire a súa solicitude conforme ao establecido na LOPD. Os dereitos descritos no presente procedemento poderán exercitarse directamente ou por medio de representante legal ou voluntario. A persoa interesada poderá acompañar á solicitude calquera documento que estime procedente para acreditar a súa solicitude.

O exercicio dos dereitos realizarase conforme aos artigos 12 a 18 da Lei LOPD e GDD. Unha vez presentada a solicitude a Secretaría Xeral da USC,  resolverá sobre a mesma, aceptándoa ou rexeitándoa de acordo co establecido nos artigos 12 a 19 da  LOPD e GDD e artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679.

O dereito de acceso ao que se refire este procedemento poderá considerarse repetitivo no caso de ser exercido en mais dunha ocasión durante o prazo de seis meses, agás que exista causa lexítima para isto.

Contra a denegación de solicitudes de exercicio dos dereitos a persoa interesada poderá interpoñer reclamación perante a Axencia de Protección de Datos. 

Documentación asociada ó procedemento