Admisión para iniciar estudos en títulos propios
Solicitude de admisión para iniciar estudos en títulos propios
Identificación
Código: PXA-02/7
Nome: Admisión para iniciar estudos en títulos propios.
Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Inicio de estudos.
Inicio e instrucións
FINALIDADE
Serve para que as persoas que queren cursar algún dos títulos propios que imparte a USC (Máster propio, Cursos de Especialización e Cursos de Formación Continua), sexan admitidas polo centro organizador dos estudos, no prazo que para cada curso se sinale na oferta dese curso académico.
DESCRICIÓN
O alumnado que desexe iniciar estudos en títulos propios deberá solicitar a admisión nas secretarías dos departamentos, centros ou institutos universitarios que ofrezan estes estudos, nos prazos que se fixen para cada un deles, mediante os seguintes pasos:
1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.
2.- Gardar o documento no propio computador.
3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.
4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.
Unha vez realizada a admisión, a comisión académica de cada curso publicará as listaxes de admitidos que deberán formalizar a matrícula no prazo establecido ao efecto.