Ir ao contido da p�xina

Solicitude de Cambio de Centro para continuar os mesmos estudos

Solicitude de Cambio de Centro para continuar os mesmos estudos

Identificación

Código: PXA-03/4

Nome: Solicitude de Cambio de Centro para continuar os mesmos estudos.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Continuación de estudos xa iniciados.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude de Cambio de Centro para continuar os mesmos estudos

FINALIDADE

Procedemento para que o alumnado que iniciase estudos nunha titulación de grao que se imparta nos Campus de Santiago de Compostela ou de Lugo, poida solicitar, a partir do curso académico seguinte a aquel no que iniciase os seus estudos, continuar os mesmos estudos noutro campus distinto.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio. A solicitude poderá presentarse dentro do prazo ordinario de matrícula do primeiro semestre e no período establecido para o segundo semestre, neste último caso, sempre que se emita informe favorable polo centro correspondente.

Non é preciso aportar documentación por estar xa en posesión da Universidade.

O alumno deberá seleccionar a titulación de orixe e o campus no que está matriculado e o campus de destino, no que pretende continuar os seus estudos.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento