Ir ao contido da p�xina

Colación do Grao de Licenciado

Solicitude de inscrición para a obtención da mención de Grao de Licenciado

Identificación

Código: PXA-03/5

Nome: Colación do Grao de Licenciado.

Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Outras actividades e actos académicos.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido a aqueles alumnos de titulacións en extinción, non adaptadas ao EEES, nas que estea implantada a colación de grao, que desexen obter a mención de Grao de Licenciado.

DESCRICIÓN

Os alumnos interesados en realizar a colación do grao de Licenciado, en calquera das súas modalidades (exame ou traballo de investigación) deberán formalizar a súa solicitude dirixida aos servizos administrativos correspondentes, de acordo cos seguintes pasos:

1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.

2.- Gardar o documento no propio computador.

3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en  "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.

4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.

O prazo para este procedemento será do 1 ao 15 de outubro para a modalidade de exame e ao longo de todo o curso para a modalidade de traballo de investigación.

En función das comprobacións necesarias, xestiónase a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento