Solicitude para matricularse nos requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros
Solicitude para matricularse nos requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros
Identificación
Código: PXA-02/8
Nome: Solicitude para matricularse nos requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros.
Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Outras actividades e actos académicos.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude para matricularse nos requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros
FINALIDADE
Este procedemento está destinado a aqueles alumnos que obtiveran unha homologación do seu título universitario estranxeiro condicionada á superación de requisitos formativos complementarios mediante os seguintes sistemas:
- Proba de aptitude
- Período de prácticas
- Proxecto ou traballo
- Cursos tutelados
BREVE DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa solicitude do interesado e debe anexar a copia da resolución de homologación ditada polo Ministerio. Ademais, no caso de que teña superado previamente algún requisito noutra universidade, deberá anexar un certificado onde figure o anterior.
Se a resolución é favorable, indicaranse os trámites que o interesado terá que realizar en función da opción elixida e daráselle prazo para formalizar matrícula na Unidade de Xestión Académica. Posteriormente deberá enviar a certificación orixinal no caso de ter requisitos formativos superados anteriormente.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.