Simultaneidade de estudos
Solicitude para simultanear estudos entre titulacións da USC
Identificación
Código: PX-02/9
Nome: Simultaneidade de estudos.
Clasificación: Xestión académica, Admisión para realizar estudos, Simultaneidade de estudos.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario solicitude
FINALIDADE
Este procedemento serve para que o alumnado interesado poida cursar ao mesmo tempo dúas titulacións universitarias.
DESCRICIÓN
Os alumnos que pretendan simultanear dúas titulacións universitarias deberán presentar unha solicitude premendo no enderezo de inicio.
A resolución será notificada ao interesado, indicando os seus efectos ou os trámites que, de ser o caso, deberá realizar.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.