Imputación de materias extinguidas polo Grao
Solicitude para cursar materias pendentes, xa extinguidas, nas equivalentes do Grao
Identificación
Código: PXA-07/11
Nome: Imputación de materias extinguidas polo Grao.
Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Ordinaria.
Inicio e instrucións
FINALIDADE
Este procedemento serve para que os alumnos de titulacións non adaptadas ao EEES que teñan pendentes de superar materias extinguidas e reúnan os requisitos esixidos soliciten poder cursalas en materias do grao.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa solicitude do interesado, debendo seguir os pasos que se relatan a continuación:
1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.
2.- Gardar o documento no propio computador.
3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.
4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.
Os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.