Ir ao contido da p�xina

Matrícula extraordinaria

Solicitude de matrícula extraordinaria

Identificación

Código: PXA-03/7

Nome: Matrícula extraordinaria.

Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Matrículas especiais.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido a calquera persoa que desexe inscribirse en cursos dos que ofrece a universidade regularmente sen aspirar á obtención dun título e independentemente de que posúa, ou non, titulación de acceso a eles. Os estudos realizados a través do procedemento de matricula extraordinaria non terán efectos académicos oficiais en España.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante unha solicitude do interesado dirixida ao Reitor, presentada antes do inicio das actividades académicas.

Na solicitude deberá indicar as materias concretas que desexa cursar, o motivo do seu pedimento, e un breve currículo académico e profesional.  A solicitude poderá presentarse a través do formulario habilitado para este procedemento.

Os servizos administrativos da universidade  xestionarán a resolución, favorable ou non, que será notificada ao alumno. De ser admitido, deberá formalizar matrícula na Unidade de Xestión Académica. 

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento