Admisión para matrícula na modalidade de visitante
Solicitude de admisión para matrícula na modalidade de visitante
Identificación
Código: PXA-03/8
Nome: Admisión para matrícula na modalidade de visitante.
Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Matrículas especiais.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de solicitude
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ESTUDANTES VISITANTES
Aínda que non se establecen data límite definitivas, prégase aos estudantes que remitan as súas solicitudes con UN MES de antelación ao comezo do semestre no que desexan incorporarse á Universidade de Santiago.
- 1º semestre: principios de outubro
- 2º semestre: principios de febreiro
Os e as estudantes de países de fóra da Unión Europea deberán poñerse en contacto coa embaixada española ou consulado máis cercano para informarse sobre as condicións de entrada legal en España. Este alumnado recibirá unha carta de aceptación para facilitarlles o trámite de visado de estudante.
FINALIDADE
Este procedemento está dirixido aos alumnos e alumnas que cursen estudos en calquera universidade ou institución de ensinanza superior universitaria oficialmente recoñecida, nacional ou estranxeira, non acollidos a programas de intercambio.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase cunha solicitude do interesado, que deberá presentar antes do inicio das actividades académicas.
Nesta solicitude deberá concretar as materias que desexa cursar, os motivos do seu pedimento, a universidade de procedencia e os estudos cursados.
Para presentala deberá cubrir o formulario electrónico habilitado para este procedemento.
O Servizo de Xestión Académica verificará que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionará a resolución, favorable ou non, que será notificada ao alumno. De ser admitido, deberá formalizar matrícula na Unidade de Xestión Académica.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.